FORMULARIO PARA SER VOLUNTARIA/O
A organización do FSGal require de persoas voluntarias, que, coma nos foros sociais mundiais, continentais e temáticos, desempeñan un papel fundamental para a súa realización. Así, durante o primeiro Foro Social Galego habemos precisar axuda para dar conta de moitas tarefas: dende coidar dos cativos e das cativas até colaborar coa tecnoloxía ou a montaxe dos escenarios, por exemplo. Hai moito traballo que facer, pero isto non implica que as persoas que queiran colaborar como voluntarias teñan que dedicarse só a traballar. Cadaquén decide canto pode e quere axudar. E de feito, recomendamos un máximo de media xornada por día para que aqueles que colaboredes como voluntarias e voluntarios poidades gozar do foro.
Se queres ser voluntario ou voluntaria, cubre o seguinte formulario indicándonos en que cres que podes contribuír mellor á organización do foro e cal é a túa dispoñibilidade. Así como se vaian definindo as tarefas necesarias a coordinación do voluntariado do FSGal irase poñendo en contacto coas persoas que manifestaron querer colaborar.
Cubre o seguinte formulario para que nos poñamos en contacto contigo:
Consideras que tes aptitudes ou posúes algunha titulación específica para desenvolver unha determinada función?