| COMO FOI O FSGAL 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PROGRAMACIÓN 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PARA MEDIOS (2008) | ||
|---|---|---|
|
| Vindeiros eventos |
|---|
|
There are no upcoming events currently scheduled. Ver todo o calendario |
| O capitalismo fracasou |
X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ver fotos de X. M. Albán Nun aula once da facultade de Filoloxía totalmente abarrotada (mesmo houbo asistentes que sigueron as ponencias de pe), Mari Carmen López Santamariña, Xavier Vence e Antonio Doménech, disertaron, dende ópticas ben distintas, sobre a crise que vivimos na actualidade. A primeira en falar foi López Santamariña, da exceutiva Confederal da CIG (Confederación Intersindical Galega), que presentou a postura do seu sindicato ante a crise, inda que dende un punto de vista de xénero. Centrou a súa intervención nas consecuencias que terá para a muller a situación na que estamos inmersos. Fixo unha pequena radioloxía da crise, relacionándoa coa acontecida no ano 1929. Nembargantes encontra unha gran diferencia entre ambas: na do 29 a presencia do xénero femenino no mundo laboral era prácticamente inexistente. De certo, nin siquera existían estatísticas sobre empleo da muller. Foi moi crítica coa situación actual da muller no mercado laboral, xa que teñen mais paro, mais precariedade laboral e diferencias nos salarios para un mesmo posto de traballo. Asimismo, considerou que nunha crise a sociedade reforza o rol femenino tradicional, tentando que retornen os seus labores tradicionais (emprego doméstico) saíndo do mercado laboral. Para rematar a súa conferencia enumerou algunhas das propostas da CIG para paliar a actual situación. Apuntou, entre outras cuestións, a de manter a loita sindical, política e ideolóxica; mellora do poder adquisitivo dos traballadores; fomento dos pisos de protección oficial en réxime de alugamento con opción de compra; reforzamento da rede pública de servicios sociais; etc. En suma, que abogan por un modelo socioeconómico novo. Pola súa banda, Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC, considera a este coma un momento propicio para os movementos sociais. Na súa opinión o modelo neoliberal fracasou, pero non está derrotado, xa que os seus defensores seguen vivos. Nas institucións perviven os adláteres deste modelo económico. Incluso a esquerda liberal (PSOE no Estado español, O Partido Laborista en Gran Bretaña, por exemplo) defenden este modelo. Neste sentido pouco se pode contar con eles para tentar facer un cambio de modelo. Para o autor de Capitalismo e desemprego en Galicia o problema fundamental existente hoxe é que hai unha política de contención salarial moi por debaixo do aumento dos precios. A demanda, por isto, non é capaz de tirar da oferta. Non hai capacidade adquisitiva. Esto provocará malestar social, un malestar que compre canalizar a través das alternativas que propugnan os movementos sociais. Deben facer a denuncia, e que esta chegue a sociedade, do fracaso do sistema e crear un movimiento político para chegar as institucións e, dende ó poder, cambiar o modelo. Considera, ademais, que producíronse algunhas contradiccións nos puntos aprobados no cumio de Washington, que pode abrir as portas a novos discursos ideolóxicos. Algunhas das medidas propostas no citado cumio van totalmente en contra dos dogmas neoliberais, tales coma aumentar o gasto público, o que as nacións e estados faga cada unha o que crean mais convinte. Criticou tamén as medidas que se están levando a cabo xa que considera o profesor Vence que son millóns de euros e dólares para salvar o sistema neoliberal, para salvar os que crearon os problemas, e que encima acabaremos pagágandolo todos nós vía impostos. O derradeiro intervinte foi Antonio Domenech, profesor de Filosofía na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Moi de salientar as súas verbas xa que foron totalmente improvisadas, posto que sustituiu a José Vidal-Baneyto, que por problemas laborais non puido estar presente. O profesor catalán realizou unha visión histórica do capitalismo dende Bretton Woods. Comentou que unha das conclusións desta reunión (cos gobernos democráticos pudiesen controlar o movemento de capitais) terminou a principios da década dos setenta co goberno de Richard Nixon nos Estados Unidos. Sen embargo, demostrou coma tódolos males do sistema non son achacables única e exclusivamente os republicanos estadounidenses. Tamén os demócratas contribuíron. En concreto falou de coma algunhas das medidas do New Deal levadas a cabo por Roosevelt na posguerra da Segunda Guerra Mundial foron destruídas no ano 1998 baixo a Administración do demócrata Bill Clinton. En concreto referiuse o fin da división da banca industrial e a banca de negocios, un dos motivos do derrumbamento dos distintos bancos en Estados Unidos, e a posterior saída do goberno de Bush o seu rescate. Esta conferencia estivo cargada de ironía, e os sorrisos apareceron en mais dunha ocasión nas caras dos asistentes. Para rematar tivo lugar un pequeño debate entre os conferenciantes e os asistentes. Entre os últimos estiveron xente da talla da Xosé Manuel Beiras, Carlos Taibo (profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid) ou Camilo Nogueira. O debate foi promovido pola Fundación Galiza Sempre, Confederación Intersindical Galega (CIG) e Altermundo. Para rematar rescatar as verbas de Xabier Macías, da Fundación Galiza Sempre e moderador dos debates, que resumen ben as claras cal foi a idea central do debate: “Hoxe hai cartos para salvar os bancos, pero antes non os había para aspectos sociais”. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|







X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC).