| COMO FOI O FSGAL 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PROGRAMACIÓN 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PARA MEDIOS (2008) | ||
|---|---|---|
|
| Vindeiros eventos |
|---|
|
There are no upcoming events currently scheduled. Ver todo o calendario |
| FSGal: alianzas e mobilizacións para 2009 |
|
Na asemblea de movementos houbo unha trintena de intervencións de membros de movementos sociais antihexemónicos e de persoas a título individual. Estas últimas coincidiron en tentar coordinarse cun sistema de comunicación para dar continuidade ao proceso de adhesións individuais. A asemblea, moderada por membros do Consello do Foro, tratou unha proposta de varios movementos tendente a crear unha alianza por unha Europa dos pobos e contra os tratados de libre comercio. Xan Hermida, da organización Amararante, amais de felicitarse, como todos os intervintes, polo exitoso proceso do primeiro FSGal falou de “recuperar a política para os movementos”, pois “nas institucións só xestionan o poder” e de tomar a acción cunha alianza galega por unha Europa dos pobos e non das multinacionais, salientando o carácter internacionalista dos movementos galegos. Pola súa banda, Eva Gil, tamén de Amarante, reclamou a atención sobre a sociedade patriarcal na que estamos inseridos e fixo un chamamento ás mulleres dos movementos sociais a alzar a voz, pois son elas das que máis traballan. O Sindicato Labrego Galego tamén incitou á creación dun plano de acción para saír do debate teórico, especialmente no tema do neoliberalismo e contra a OMC e os tratados de libre comercio rexionais e bilaterais, aos que Galiza debe dar resposta. Lidia Senra, da antedita organización, levou o discurso á práctica lanzando a pregunta que estaba nos miolos de todos: Que imos facer? E chamou a mobilizacións concretas de todos os movementos, como a que se dará en todo o planeta o 17 de abril de 2009, Día Internacional da Loita Labrega. Seguidamente, Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz, amais de felicitar a todos os movementos e persoas polo éxito do FSGal, animou a consolidar a firme base de traballo que crearon as organizacións, ás que, dixo, corresponde a acción social e concluíndo que “o FSGal será o que os movementos queiran”. Xan Duro, de Verdegaia, salientou o momento clave que estamos a vivir, con crises acumuladas que desembocan nunha crise ecolóxica global que debe estar na loita de todos os movementos. “Isto esixe unha resposta clara fronte á re fundación do capitalismo ou as posíbeis derivas autoritarias que sen dúbida van xurdir, de xeito que temos que plasmar nun documento un proxecto viábel que sexa común a todos e todas”. Duro fixo un chamamento para traballar durante este ano para concretar alternativas de acción. Coa importancia da cuestión ecolóxica estivo de acordo Adela Figueroa, de Adega, que afirmou que “calquera resposta que os grupos fagan ás diversas problemáticas do planeta deben ter como centro a cuestión ecolóxica”. Outras intervencións, que coincidían nos puntos clave e nos parabéns á celebración do foro, falaron dos perigos na sanidade pública, como a de Felipe Noya, de Médicos do Mundo e tamén sobre a necesidade de que os movementos asuman as diversas temáticas tratadas no FSGal e as difundan, como afirmaba Xabier Macías, da Fundación Galiza Sempre. Algo no que coincidiron moitas intervencións foi a de situar a Galiza como nación no ámbito altermundista planetario. Xabier Macías salientou ademais a evidencia de que se existe un FSGal é porque Galiza ten o seu carácter de nación: “os pobos e as nacións non son un invento, están aí, son parte da realidade e a existencia deste foro non é, evidentemente, casual. Somos nación, e ese discurso debe presidir todo o que fagamos, para pór a Galiza como nación na loita altermundista”. A isto engadiu Xan Hermida, de Amarante, que ademais de levar a Galiza ao foro de Belém como nación hai que levala tamén cun plantexamento de acción, no que a estratexia debe estar por riba da práctica. Animou, do mesmo xeito, á creación de contrapoderes. Lupe Ces, da Marcha Mundial das Mulleres, foi aínda máis concreta, ao pedir que o FSGal defenda en Belém algunhas reivindicacións que a súa rede vai propor, como a inclusión do dereito ao aborto na Carta de Principios do FSM, a petición de que o pobo cigano teña a súa representación no Consello Internacional do FSM ou o apoio ás accións globais que a MMM vai facer para 2010. A asemblea continuou con moitas intervencións máis, tendentes todas a unha mensaxe unitaria: “o foro foi un éxito, temos que felicitarnos por sen quen de celebralo, falamos de cousas importantes e agora hai que pasar á acción xa”. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|







Os movementos sociais comprométense a crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009. O proceso do FSGal continuará na Galiza cando menos cada dous anos, levará a nación galega ao discurso altermundista planetario e del sairán alianzas contra o capitalismo.