| COMO FOI O FSGAL 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PROGRAMACIÓN 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PARA MEDIOS (2008) | ||
|---|---|---|
|
| Vindeiros eventos |
|---|
|
There are no upcoming events currently scheduled. Ver todo o calendario |
| Cheo total contra o capitalismo |
As salas da Facultade de Filoloxía non son flexíbeis. Se o foran espandiríanse para acoller a marea de activistas que se interesaron polos debates do FSGal na mañá e na tarde do sábado, que en moitas ocasións, como no debate sobre a soberanía alimentar –organizado polo Sindicato Labrego Galego, A Marcha Mundial das Mulleres, a Fundación Galiza Sempre, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras– e no do neoliberalismo en crise, sostido por Xabier Macías, Xavier Vence e Mari Carme López Santamariña (Vidal Beneyto faltou por unha indisposición de última hora). Ver fotos
Hoxe comezou a xornada central do primeiro Foro Social Galego, inaugurado onte en Santiago cun acto no Auditorio de Galiza. As distintas salas da facultade de Filoloxía ateigáronse de persoas que se achegaron ata Compostela co propósito de contribuír a “Pensar e construír alternativas desde Galiza”. Malia as condicións climáticas adversas, a cidadanía respondeu e todas as actividades da mañá tiveron un grande éxito de público, tendo mesmo que cambiar de sala nalgún caso, como no concorrido debate sobre Soberanía Alimentaria, no que se contou con representación da movemento internacional Vía Campesina por parte de Paúl Nicholson e o Sindicato Labrego Galego. O xantar organizado na carpa de movementos pola Asociación Cultural Caleidoskopio e o Sindicato Labrego Galego, sempre segundo criterios de soberanía alimentar, repuxo enerxías nun ambiente festivo, amenizado pola charanga ribeirense Os Jalochos, de preparación das charlas e debates que culminarán ás 19:30 nunha sesión plenaria sobre Perspectivas do Alermundialismo na que participarán Xan Duro, Lupe Ces, Carlos Taibo, Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras. O Foro Social Galego: xornada do sábadoDesde as 9 da mañá foron chegando polo campus Norte de Compostela numerosas persoas que quixeron asistir a este primeiro Foro Social Galego... Na primeira quenda de debates falouse de saúde global e obxectivos do milenio, de cidadanía e dereitos humanos e do cénit do petróleo. Na segunda quenda, Camilo Nogueira, Uxía Senlle e Elías Torres Feijoó tiveron un público moi activo ná hora de situar a Galiza na órbita da lusofonía. Un dos obxectivos deste FSGal é o de pór a Galiza como nación nos procesos altermundistas, de feito que este foi só o primeiro paso doutras actividades que se levarán dende o Foro Social Galego ao Foro Social Mundial de Belém do Pará (Brasil) a finais de xaneiro. Soberanía AlimentarNa mesma quenda de debates, na segunda sesión da mañá, o público abarrotou até os corredores da aula 12, onde a Soberanía Alimentar, o dereito dos pobos a decidir as súas políticas no eido da alimentación saíndo do control das grandes distribuidoras e da agroindustria, demostrou ser unha idea que callou moi fondamente nos movementos sociais. Na mesa expuxéronse as ideas da Declaración de Maputo na V Conferencia Internacional da Vía Campesina, movementoao que pertence o Sindicato Labrego Galego e no que Lidia Senra representa ás mulleres de Europa. A penas pasou unha ducia de anos dende que A Vía Campesiña, o movemento social de labregos e labregas máis amplo do mundo, lanzara no Cumio Mundial da Alimentación o concepto de soberanía alimentaria. En tan pouco tempo o espírito do termo, que supón unha virada radical na visión xa non só dos aspectos alimentarios, senón do xeito de vida imposto manu militari por ese libre mercado que esgana o mundo, xa está instaurado nos movementos altermundistas como obxectivo prioritario. Esta enténdese como o dereito de cada pobo, sexa cal for o seu estatus político, para definir as súas políticas agrarias e alimentarias, sempre coa ollada posta no desenvolvemento sustentábel. Implica máis produción labrega local, e polo tanto unha alternativa á crise alimentaria. Implica menos transporte e máis mercado local, e polo tanto unha alternativa á crise enerxética. Implica protección e renacionalización dos mercados de alimentos, e polo tanto unha alternativa á crise financeira -das persoas, non dos banqueiros. Implica agroecoloxía e amor pola terra, sen agroquímicos nin transxénicos, e polo tanto unha alternativa á crise ambiental. Non se trata dunha autarquía agraria, senón dun laído de resistencia dos que se negan a que o campesiñado do mundo sexa borrado do mapa e a que os aparellos de dominación da agroindustria, dos agrocombustíbeis ou das grandes distribuidoras que nos impoñen até o xantar, esnaquicen a especie humana e o planeta. O modelo industrial agrario declaroulle hai anos a guerra a un campesiñado que, privado do acceso á terra e incapaz de competir, e xa que logo de vivir das súas producións e mercados locais, rematou ateigando as metrópoles e os seus cintos de miseria. Por primeira vez na historia da humanidade, hoxe a poboación urbana e o seu insustentábel modelo supera a rural. Medio século de revolución verde só deu como resultado máis fame, máis destrución ambiental e este andazo de crises que castiga máis ca nada o Sur do planeta. A ría de Ferrol é NosaA cuestión de Reganosa estivo de novo sobre a mesa no derradeiro debate da mañá, no que Luz Marina Torrente, do activo Comité Cidadán de emerxencia da Ría de Ferrol, incidiu na ilegalidade e no perigo do emprazamento da planta de gas, así como na ineptitude política. Comunicacións Do mesmo xeito as actividades do espazo de comunicación, dedicado á presentación de campañas, manifestos, etc. tamén tiveron unha enorme afluencia, especialmente se temos en conta que o no FSGal pódense estar dando á vez até 6 actividades. Hai xente para todo e para todas. Os movementos aglegos viven. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|







As salas da Facultade de Filoloxía non son flexíbeis. Se o foran espandiríanse para acoller a marea de activistas que se interesaron polos debates do FSGal na mañá e na tarde do sábado, que en moitas ocasións, como no debate sobre a soberanía alimentar –organizado polo Sindicato Labrego Galego, A Marcha Mundial das Mulleres, a Fundación Galiza Sempre, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras– e no do neoliberalismo en crise, sostido por Xabier Macías, Xavier Vence e Mari Carme López Santamariña (Vidal Beneyto faltou por unha indisposición de última hora).