A crise do petroleo: comer hidrocarburos

 Andrés Caamaño-. A fin da civilización do petróleo está a volta da esquina. Manuel Casal lodeiro, da asociación Vespera de nada relatou a defunción da época dos hidrocarburos e as alternativas posibles que se abren nun momento decrise. Martiño Fiz, da asociación ecoloxista Adega, Patricia Pena, representante da Universidade Rural do Eume, Antonio Palma de Permacultura Galiza e Manolo Rei, da Unión Libertaria debatiron cos presentes posíbeis solucións, que pasan por recuperar usos tradicionais, organizacións horizontais e, sobre todo, supera a colonización mental.

Non todos os días chega unha apocalipse lenta e real. Fóra das catástrofes servidas polas superproduccións cinematográficas, a sociedade occidental avanza cara o esgotamento da materia prima por excelencia, o petróleo. O confort e a saúde dunha sociedade baseada na explotación dos hidrocarburos e o final da extracción rendible, acadado según algúns no pasado 2005 e segundo outros, por vir nos vindeiros catro anos, foron os eixos da presentación feita por Manuel Casal Lodeiro. No panorama dun mundo sen petróleo por chegar está a curva de Cubert, na que, coma unha montaña rusa, amosa unha firme subida, unha moi pouco estable cima e unha aterradora baixada. "Agora mesmo, estamos aquí, no punto álxido, o que virá despois son as baixadas" explicou Casal Lodeiro. Unha  sociedade que precisa dunha  materia prima finita para sustentar un sisteema económico cuxo obxectivo e razón de ser é o crecemento ilimitado é insostible.

"A demanda de petróleo non deixa de minguar, pero a taxa de descobrimentos de xacementos alcanzou o seu punto álxido nos sesenta. Apenas hai xacementos novos. A esta situación chámaselle As facuces do crocodilo" Unha boa imaxe que apoia outra realidade exposta na sala 9: A taxa de rendemento enerxético, é dicir, o custe empregado para obter un barril de petróleo comeza a ser perigosamente parello co rendemento enerxético obtido por cada barril. Resultado? Unha nova crise do petróleo en nada parecida á sofrida nos anos 70. Desta volta njon son os produtores os que deciden pechar a billa. Son os demandantes os que non atopan o prezado ouo negro.

Nunha cotidianeidade que se move grazas ao petróleo barato, estas afirmacións son, cando menos, arrepiantes. A total dependencia dos derivados do petroleo é evidente:  95% dos produtos chegan a nós por medio do transporte. a agricultura industriallizada precisa dos aparrellos movidos pola gasolina. Unha pequena ollada ao redor e a dependencia tornase cores e superficies brillantes de plásticos e fetiches de catro rodas que marcan, hoxendía, o nivel do benestar. Se as máquinas de engulir gasoil non saen do concesionario todo o rápido que deberan, estamos en problemas.

Ante este panorama, qué queda? Casal Lodeiro enumerou algunhas das alternativas: unhas vendidas como milagres que aportan máis miserias, coma no caso do etanol --"Sería preciso empregar o 72% das terras cultivábeis de Europa par cubrir o 10% das necesidades da sociedade do petróleo"-- e outras que aínda en Galiza e no Estado español son unha verdadeira incógnita. 

"O que é inconcebible é que ningún responsable político non asuma este problema como algo real e se siga coa fuxida cara diante nunha situación que demostra todo o conntrario" explicou Casl Lodeiro antes de enumerar os países e as experiencias alternativas que xa existen en diferentes países europeos, poñendo por caso máis significativo a cidade británica de Totnes, onde xa hai tempo que funciona o modelo de Cidades en Transición, experiencias urbanas nas que os cidadáns tentan elaborar planos que axuden a desprendderse paulatinamente da dependencia do petróleo. Tamén se indicou o Protocolo de Upsala, unha táboa de pautas encamiñadas a restablecer a soberanía dos cidadáns frente a tiranía do interese oligárquico do petróleo.

"A única saída é a resposta social, non o silencio mediático, nin a resitencia a unha mudanza de vida drástica. Quizais superar a colonización mental do consumismo sexa a tarefa máis complicada, porque supón renunciar a moitas comodidades para facer posible que máis xente acceda a unha vida digna" concluiu o representante e Véspera de nada antes dedar paso ao turno de debate, no que, diante dunha situación irreversible, as cuestións e as preguntas foron máis protagnistas do que as solucións mesiánicas.

As aportacións do retorno ao local e ao control horizontal dos medios de producción alimentaria e diaria foron as primeiras aportacións de Manolo rei. Pola súa banda, experiencia coma a aportada por Patricia Pena, da Universidade do Rural do Eume , confirmaron que cada paso é pequeno, e cada parcela de liberdade de elección supón un compromiso persoal e vontade de compartir expeeriencias cos demais e rachas co illamento da comodidade. Aínda que, diante do abismo, as perspectivas foron máis ben cautellosas. A única chata foi o escaso tempo de participación. Das bancadas saíron aportacións interesantes, coma a cautela ante o retorno ao local e a recuperación do rural sempre que signifique abandoar os bens da urbe, que existen e non son poucos 

"Viviriamos sen teatros, sen cines, sen internet? realmente as cidades en ttransicións son exemplos cando nacen en países avanzados?" prantexouse aos poñenetes. As respostas, cautas. Trátanse de pequenos pasos, en ocasións persoais, pero son reais porque teñen continuidade e son fixos. 

 
< Ant.   Seg. >
Themes and Templates by dezinedepot