Hosting na dinahosting. Foro Social Galego - PROGRAMA DO ESPAZO DE COMUNICACIÓN
PROGRAMA DO ESPAZO DE COMUNICACIÓN
 O espazo transversal de comunicación contará coa presentación de até 15 campañas, manifestos e iniciativas dos movementos sociais galegos nas aulas 5 e 6 da Facultade de Filoloxía.

 


SÁBADO 6 DE DECEMBRO

10:00 h.  (Aula 5)
Campaña "NON COMAS O MUNDO". Presentación de libro | Xosé María García Villaverde | VSF-Galiza

10:30 h.  (Aula 5)
Revista SIN PERMISO. Antoni Domènech e Daniel Raventós, do seu Consello de Redacción | AIS O Peto

10:30 h.  (Aula 6)
PROPOSTA PARA  CREAR UNHA REDE SOBRE XÉNERO E DESENVOLVEMENTO | Implicadas no desenvolvemento

11:00 h.  (Aula 5)
MANIFESTO E INICIATIVAS A PROL DA OFICIALIDADE PLENA DO GALEGO. Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Alexandre Insua (CIG) | CIG e Fundación Galiza Sempre

12:00 h.  (Aula 5)
Apresentaçom do último livro de ESTALEIRO EDITORA | Mádia Leva!

12:30 h.  (Aula 5)
ALTERMUNDO e especial do suplemento horizontal Altermundo para o FSGal | Manoel Santos e Imanol Dorca

13:15 h.  (Aula 5)
MANIFESTO POLA LAICIDADE. Coordenadora estatal de crentes de base Redes Cristianas. Recolleita de adhesións e sinaturas de apoio | Somos Igrexa - Galicia 

16:00 h.  (Aula 5)
PRESENTACIÓN DA MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. Mundo sen Guerras e sen Violencia e Seminario Galego de educación para a Paz

16:30 h.  (Aula 5)
CAMIÑANDO CARA UN FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN. Presentación do Foro 2010 en Santiago, co Congreso Internacional de Educación e Cultura de Paz entre outras actividades. | Seminario Galego de Educación para a Paz, Fundación Galiza Sempre, Altermundo, IGADI

17:00 h.  (Aula 5)
Presentación do estudo: ACCESO E UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DE SAÚDE POR PARTE DOS INMIGRANTES EN GALICIA
Médicos do Mundo

17:30 h.  (Aula 5)
POR UNHA LEI INTEGRAL DO ABORTO. Campaña para conseguir unha lei integral do aborto que garanta o dereito de todas as mulleres a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade, libremente e na Sanidade Pública | Marcha Mundial das Mulleres


DOMINGO 7 DE DECEMBRO

10:00 h. (Aula 5)
DECÁLOGO PARA O TRATAMENTO INFORMATIVO NON ESTEREOTIPADO DA INMIGRACIÓN. Que o Foro de Inmigración propón para os medios de comunicación social, profesionais do xornalismo, gabinetes de prensa e, en xeral, a toda persoa divulgadora de información e de textos e literarios | Foro de Inmigración

10:00 h. (Aula 6)
RECUPERAR A MEMORIA HISTÓRICA. AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA
Comisión para a recuperación da Memoria Histórica da Coruña

11:00 h. (Aula 5)
SUSTENTABILIDADE E CRECEMENTO
Comercio Xusto | Adela Figueroa Panisse e Celsa Sánchez Vázquez. Obradoiro proposto por ADEGA e A Cova da Terra

11:00 h. (Aula 6)
CONTRA O TRÁFICO DE SERES HUMANOS. UN COMPROMISO NECESARIO
Revista galega de pensamento feminista. Andaina
 
Seg. >
Themes and Templates by dezinedepot