Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse inicialmente varias formas de participación: - sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal
- mediante adhesión individual ou colectiva ao FSGal, como compromiso co proceso
- participando como voluntario ou voluntaria na organización do evento
- ou simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán en todos os espazos, que son libres de entrada.
O acceso aos espazos do FSGal é totalmente libre. Malia isto, o Consello do FSGal anima á adhesión de colectivos e persoas como un compromiso co proceso de artellamento de alternativas da sociedade civil e para garantir, na medida do posíbel, o autofinanciamento e xa que logo a independencia do Foro Social Galego.ADHESIÓN DE COLECTIVOSA adhesión é un compromiso co proceso, que ademais dá dereito a obter os materiais do FSGal e a ter un espazo na carpa de movementos se é o caso. Pódese facer dende a web do Foro até o 30 de novembro ou na carpa da organización o venres 5 e o sábado 6 de decembro. A adhesión por colectivo é de 100 euros, que ademais de servir para apoiar o proceso dá dereito á acreditación de dous membros do colectivo e a ter un espazo na carpa de movementos sociais do Foro (só se a adhesión é anterior ao 15 de novembro!). Se un colectivo quere acudir con máis de dous membros acreditados, estes deben facer cadansúa adhesión individual (10 euros). As persoas a título individual achegarán unha adhesión de 10 euros. ASISTENCIA LIBREAcceso libre a todos os espazos do foro para todas as persoas que se acheguen. VOLUNTARIADOA organización do FSGal require de persoas voluntarias. Para participar CUBRE ESTE FORMULARIO e poñeranse en contacto contigo. XORNALISTAS VOLUNTARI@S
O FSGal fixo un chamamento para o voluntariado en cuestións de prensa. |