Saúdas recibidas para o primeiro FSGal
 Mensaxes de saúdo de persoeiros do altermundismo que se leron na inauguración do Foro Social Galego. VER GALERÍA DE FOTOS DA INAUGURACIÓN

Agora que o neoliberalismo se suicidou, os movimentos sociais têm uma acrescida responsabilidade de apresentar propostas que nos façam sair da crise do capitalismo por uma via progressista, no sentido de uma sociedade mais justa, mais intercultural, mais equilibrada nas suas relações com a natureza. É esse outro mundo possível pelo qual teremos que lutar para que da crise do neoliberalismo não resulte nem a barbárie nem o socialismo dos ricos (e, naturalmente, o empobrecimento da esmagadora maioria da população mundial).

Este é o grande desafio do Foro Social Galego, o primeiro fórum que se realiza após o colapso da actual versão do neoliberalismo. Tudo o que discutirdes e decidirdes será decisivo para o Fórum Social Mundial que se realiza em Belém, Brasil, de 27 de Janeiro a 1 de Fevereiro de 2009.

Um abraço solidário,

Boaventura de Sousa Santos


Aos participantes do Foro Social Galego,

Gostariame ter podido estar con vostedes neste primeiro Foro Social Galego. Mais  as cousas non son sempre como queremos. Mando entón esta mensaxe de felicitacións por ter podido realizalo.

Pra nós que participamos da loita pola superación do neoliberalismo que crea desigualdades e  destrúe o  mundo, os Foros Sociais son momentos moi especiais. Neles atopámonos na nosa diversidade  de pontos de vista, de ritmos, de tipos de accións, pra aprender uns cos outros, intercambiar experiencias, identificar converxencias, programar xuntos novas iniciativas. Conversamos, discutimos, na horizontalidade do respecto mutuo, buscando entender mellor os desafíos que enfrentamos no noso camiño rumbo ao outro mundo que cremos posibel, necesario e urxente, e tentando atopar o mellor modo de o construir.

Desexo a todos un Foro Social Galego inaugurador dunha nova etapa na vida de vostedes e do seu país.

Chico Whitaker,  4 de decembro de 2008.


Prezados e prezadas camaradas

Nestes últimos anos tiven o privilexio de participar en diversas ocasións en debates e encontros en Galiza. Sempre atopei en vós a inquebrantable vontade de resistir contra o pode económico, político e mediático do neoliberalismo e de loitar por un mundo mellor. Igualmente, quedei abraiado polas vosas accións de solidariedade cos pobos que, en América latina, e en particular en Venezuela, Bolivia, Ecuador e Cuba, se liberan das cadeas do imperialismo estadunidense.

A crise actual, que provoca desfeitas de todo tipo en todas partes no mundo, non é unicamente unha crise financeira. É a crise do conxunto do conxunto do sistema liberal en decadencia. O momento chegou entón para avanzar propostas a medida da radicalidade da situación e de fornecerse, en España, en Europa e no mundo, os medios para aplicalas.  Ese é o fin de todos os Foros sociais. A poucas semanas do Foro Social Mundial de Belem, estou convencido que o Foros Social Galego suporá un momento de unha moi elevada mobilización militante.

Desde A Habana, onde me atoparei no momento en que estas liñas vos sexan lidas, sentireime de corazón con vós.

Un saúdo fraternal a todas e todos

Bernard Cassen

Memoire des Luttes


Estimados companheiras e companheiros do Fórum Social da Galícia,

Faço votos que vocês, neste Fórum, se articulem com todos nós que, mundo afora, estamos analisando a atual crise econômica e as contradições do capitalismo. É uma oportunidade de rearticularmos os movimentos sociais e traçar as linhas de um projeto de futuro, "o outro mundo possível", pelo qual lutamos. Vinculada à crise, a degradação ambiental nos exige atenção permanente, de modo a assegurar um desenvolvimento sustentável às gerações futuras. Espero encontrá-los em Belém, coração da Amazônia.

Muito êxito neste encontro de vocês!

Frei Betto

Frade dominico, teólogo e escritor


Estimadas amigas e amigos:

Lamentablemente non poderei estar nos actos convocados polo Foro Social Galego como era o meu desexo, aínda que si estarei en Santiago de Compostela o vindeiro día 10 de Decembro, no 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Consello da Cultura Galega.

Estou certo de que as mulleres e homes que durante moitos meses, con empeño, contribuiron na tarefa de crear o Foro Social Galego estaredes hoxe moi satisfeitos e orgullosos do traballo realizado, e o Foro será unha realidade, en Galicia, tecendo, a escala mundial, redes de cidadanía activa, comprometidas en mundializar os dereitos humanos, a xustiza e a democracia, fronte da globalización neoliberal, un fracaso manifesto.

Como escribira Paul Valéry "o futuro é construcción" e vos o estades creando, local e globalmente.

Os mellores desexos de éxito e no convencemento de que os debates e conclusións deste I Foro Social Galego serán unha aportación máis ó conxunto dos movementos sociais que reclaman e se identifican co lema de "Outro mundo posible", unha auténtica esperanza para a Humanidade.

Cordialmente,

Federico Mayor Zaragoza

Presidente da Fundación Cultura de Paz


Quero agradecervos o convite ao Foro Social Galego. Desgraciadamente, por esas datas estou invitado a dar unha conferencia na sede da ONU, en Nova York, en presenza de Ban Ki-Moon. É  un compromiso que non podo eludir. Lamento moito non poder estar convosco para o  lanzamento do FSG. Pero isto é só o comezo, outras ocasións haberá. Deséxovos o maior éxito.

Unha forte aperta amistosa,

Ignacio Ramonet

"Le Monde diplomatique"


Alégrame moito ter novas do Foro Social Galego porque sei que os galegos teñen moito que achegar na procura dun futuro máis democrático, social e ecolóxico. Seino porque tiven o pracer de coñecer varias persoas de Galicia que xa están a traballar con outras de todo o mundo por un outro tipo de sociedade e contra o modelo neoliberal que tanto dano leva causado. O Foro Social Galego supón unha oportunidade fantástica de unirse a este movemento mundial, axuntando preocupacións locais e globais. A actual crise financeira demostrou que o modelo dos últimos vinte cinco anos está esgotado. Non funciona, concentra a riqueza en poucas mans, crea pobreza a gran escala. Chegou a hora de comezar a refacer a historia; este é un momento no que cada persoa galega, española, europea, cada cidadá e cidadán do mundo pode ser protagonista da historia. Estou certa de que, grazas ao Foro Social Galego, cada unha das persoas que participen nel terán máis claros os novos camiños que a historia abre perante nós, estou certa de que estas persoas e forzas sociais se unirán e de que, grazas ás súas alianzas, contribuirán a ese futuro que todos e todas arelamos. Non vai acontecer sen nós. Moita sorte ao Foro Social Galego!»

Susan George

Instituto Transnacional. Presidenta honoraria de Attac Francia


Con motivo de la constitución oficial del Foro Social Galego en Santiago de Compostela me es muy grato enviar a todos los miembros de la Comisión Organizadora y del Comité Dinamizador, así como a todas las personas y organizaciones adheridas y participantes un muy cordial saludo, junto a mis mejores deseos para que sigan dando ejemplo de su dedicación a favor de un mundo mejor desde la cooperación, la solidaridad, la educación, la libertad, la democracia participativa y la justicia, conscientes de que, del mismo modo que la violencia y las guerras se conciben y nacen en la mente de los hombres, la paz también se concibe y nace en nuestras mentes. En consecuencia, la responsabilidad recae en todos y cada cual individualmente. De ahí que tengamos el ineludible deber de intervenir socialmente y de educar para la paz, a nivel individual y colectivo, seguros de que desde esas bases alcanzaremos todos los demás bienes que responden a valores éticos y morales.

Con mis mejores deseos de crecientes aciertos y éxitos, saludo a todos muy cordialmente

Ricardo Díez Hochleitner. Presidente de Honor do Clube de Roma   


"Companheiros e companheiras de sonhos, irmãos e irmãs da Galicia

A crise econômico-financeira atual nos deu a todos nós razão de que devemos buscar um outro mundo, diferente do atual que está afundando a partir mesmo o coração do Império. Agora já não se trata de um sonho mas de uma necessidade. Ou todos começamos a construir o novo mundo, ou todos vamos ao encontro da escuridão. Por isso, sintam-se portadores do novo. Não deixem que o sonho fique apenas sonho. Comecem a realizar as alternativas, a fazer as revoluções moleculares e a inaugurar o mundo que ainda não nasceu mas que quer nascer. O instinto de vida é mais forte que  a pulsão de morte. Por isso vamos viver e irradiar. Não somos fadados a viver na dilaceração a que o sistema mundial nos lançou mas a viver irmanados entre nós como humanos, com a natureza e com a Grande Mãe Terra.

Votos de muita reflexão, entusiasmo e capacidade de decisão para o Forum Social Galego

Leonardo Boff

Teologo da libertação e representante da Carta da Terra


... y mil gracias por el cariñoso convite.

lamentablemente, no puedo ir, pero estaré sin estar estando....

Eduardo Galeano

 
< Ant.   Seg. >
Themes and Templates by dezinedepot