| COMO FOI O FSGAL 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PROGRAMACIÓN 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PARA MEDIOS (2008) | ||
|---|---|---|
|
| Vindeiros eventos |
|---|
|
There are no upcoming events currently scheduled. Ver todo o calendario |
| Carlos Taibo: “É importante unir e que traballemos antes na base” |
|
Vostede dirixe fortes críticas cara a esquerda tradicional. Cree que aínda hai elementos recuperábeis desta esquerda? Hai elementos salvábeis nos seus militantes, na xente que traballa na base deses partidos, deses sindicatos ou deses organizacións gobernamentais. Sospeito que no miolo da actividade orgánica e institucional destas redes é difícil atopar algo realmente salvábel. A esquerda estivo tradicionalmente dividida. Poden os Foros axudar a superar esta separación? Sempre se dixo que os foros eran un lugar de reencontro de xentes que procuraran camiños moi diferentes ao longo do tempo. É verdade, o que pasa é que nalgúns casos a experiencia foi negativa porque ao final o que aconteceu foi que nos Foros se repetiron moitos dos problemas tradicionais, das liortas da esquerda de sempre. Cómpre manter algunha ilusión de que os foros sexan ese lugar de reencontro, desde logo que de inicio é unha das súas vontades principais. Agora que como di vostede, non hai unha doutrina ditada por un comité central, é posíbel manter unidade a toda esta diversidade de colectivos sen algo común que os faga camiñar xuntos? É importante unir, mais é importante que traballemos antes na base. Eu subliño sempre este pensamento: se non facemos noso traballo na base das nosas sociedades todo o que argallemos cara arriba estará marcado por esa carencia. Non me opoño a desenvolver campañas, programas, que afecten a moitos e teñan un cariz xeral mais primeiro temos que facer os noso deberes non ámbito máis baixo de todo Unha das principais características dos Foros é a súa horizontalidade. Pensa que pode chegar a converterse nun problema? Creo que nunca se é suficientemente horizontal, pero que os problemas aparecen sempre cando os fluxos verticais marcan poderosamente a deriva das organizacións, aínda que naturalmente os seres humanos non somos perfectos e pensar que a máxima horizontalidade resolve maxicamente todos os nosos problemas é simplemente equivocarse. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|







Santiago Agra-. Profesor de Ciencias Políticas na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo amósase como unha das mentes máis lúcidas da esquerda actual. Nuns breves instantes após o plenario do sábado á tardiña aclarounos algúns dos seus posicionamentos sobre a esquerda e os foros sociais.