| COMO FOI O FSGAL 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PROGRAMACIÓN 2008 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| PARA MEDIOS (2008) | ||
|---|---|---|
|
| Vindeiros eventos |
|---|
|
There are no upcoming events currently scheduled. Ver todo o calendario |
| Plenario do FSGal: Non sobra ninguén |
|
Todos os poñentes explicaron as súas inquedanzas, mais tamén as súas esperanzas de cara a construír un movemento plural e diverso capaz de enfrontarse ao capitalismo actual. A mente lúcida de Carlos Taibo alentounos a non agardar por unha nova “toma do Palacio de Inverno” e a traballar desde a base e desde o local. Os Foros como espazo de debate teñen o risco de converterse en obxectivos, algo que debemos evitar ante o “idade de ouro para os movementos de contestación”. Logo das críticas á esquerda tradicional advertiu sobre o risco de caer de novo no fascismo de non producirse un cambio de modelo ante a crise de recursos naturais que se aveciña. A idea do decrecemento, presente noutras moitas ponencias do Foro, volveu a se presentar como a única alternativa viábel para a humanidade.
A continuación dúas históricas voces femininas dos movementos sociais galego tomaron a palabra. Lupe Cês da Marcha Mundial das Mulleres e Lidia Senra, secretaria de organización do Sindicato Labrego Galego. Lupe tróuxonos a optimismo e a esperanza dun movemento como o feminista que comeza a camiñar de xeito unitario no noso país a pesar da súa fragmentación. A Marcha Mundial das Mulleres está plenamente inserida no altermundialismo e nos Foros Sociais, marco no que acadou acordos coa organización Vía Campesina na loita pola soberanía alimentar. A experiencia vivida no feminismo permítelle a Lupe coñecer de primeira man a necesidade de traballar todos para o común, aprendendo a colaborar todos xuntos, e de crear novos valores para enfrontarse ao actual sistema. Lidia Senra, histórica líder sindicalista labrega, fixo fincapé en non quedar no simple debate entre nós, senón que urxe levalo a toda a sociedade. Como integrante da asociación mundial Vía Campesina sabe de primeira man os beneficios das alianzas para cuestións comúns a varias organizacións e de axuntar esforzos de cara obxectivos compartidos. A última voz da mesa foi outro académico, Xosé Manuel Beiras. Un dos impulsores da celebración do FSGal e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial sinalou a dificultades de elaborar alternativas que unan a moitos movementos socias. É moito máis doado unirse contra algo que a favor de algo. Estes movementos cómpre fortalecelos e diversificar os seus obxectivos, porque do contrario esmorecerán no camiño. Beiras sinalou a necesidade de dar un salto á instancia política, que non institucional, para poder transformar calquera sociedade. Cómpre sabermos dar ese salto para saírmos triunfantes e non caer nos erros pasados. Alén de aclarar conceptos como o de “sociedade civil” ou “hexemonía”, salientou que o suxeito histórico encargado de levar adiante as transformacións socias xa non é unha clase homoxénea, senón unha diversidade de grupos e colectivos que deben xuntarse para derribar o sistema actual. O debate serviu para pór en común temas e experiencias de moi diversos tipos. Lupe Cês fixo un moi especial fincapé na necesidade de non desbotar a ninguén. Ningún de nós sobre neste proceso de construción. A pluralidade da asistencia demostrou unha das maiores virtudes dos Foros: a capacidade de unir a moitos para poñer os nosos problemas e as nosas solucións en común. Houbo momentos nos que as experiencias persoais de persoas e colectivos, na Galiza e noutras partes do mundo como Chiapas, serviron para amosar o descontento dos movementos socias cara os actuais partidos políticos. Foron numerosas as referencias, directas ou veladas, cara grupos como o BNG ou Izquierda Unida e as súas responsabilidades en áreas de goberno en distintos niveis. O cambio de goberno na Xunta no ano 2005 trouxera grandes esperanzas para movementos como o agrario ou o ecoloxista, que apoiaran a eses partidos e agora séntense traizoados. Durante o debate Carlos Taibo quixo borrar o espellismo da internet como un elemento democratizador. A maior parte dos usuarios da rede son dos países desenvolvidos e só chega a estes lugares. Lupe Cês contrapuxo esta visión coa gran axuda que achegou ao movemento feminista a posibilidade de coordinarse a nivel mundial a través deste medio. Taibo alentou tamén a ser críticos e esixente cos medios de comunicación alternativos, para que sexan unha alternativa viábel contra os actuais. Máis tarde do debido ante a gran participación, rematou o primeiro plenario do FSGal. Moitas experiencias postas en común e unha necesidade común de combater o actual sistema. Todo acompañado por algunha nota simpática desde o público, porque non todo vai a ser debate, e o humor, tal e como se presenta o futuro, será un elemento imprescindíbel para camiñar no altermundialismo. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|







Santiago Agra-. A ilusión e as ganas de traballar foron a nota dominante do todo o FSGal, se ben no plenario o cansazo comeza a deixar pegada Tras debater durante horas os problemas sectoriais xuntámonos no Auditorio de Galiza para falar entre todos. Ante unha sala repleta e un auditorio entregado Carlos Taibo, Xan Duro, Lupe Cês, Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras trazaron unha visión do presente e o futuro do movemento altermundialista galego.
A voz do académico cedeu a quenda aos activista de longa traxectoria. Xan Duro, ecoloxista de Verdegaia, falounos da biosfera como un todo no que o ser humano está inserido, e que só o ecoloxismo social é que de analizar en conxunto. Duro gabou a creación de espazos á marxe das actuais institucións onde podamos vivir doutro xeito, combinando a acción individual coa colectiva para mudar as cousas.