|
Artigos de Xosé Manuel Beiras a raíz da súa participación no último Consello Internacional do Foro Social Mundial en Rabat. |
|
David R. Rodríguez-. Falou Bello da Socialdemocracia Global como a doutrina que ha hexemonizar, con toda probabilidade, o vindeiro pensamento político e económico despois de décadas de reinado neocon. |
|
|
Un dos meirandes expertos do mundo en modelos económicos alternativos e estratexias fronte á crise MARTES 26 DE MAIO. Salón de Graos da Facultade de Económicas. Campus Norte. Santiago de Compostela |
|
|
O Consello do Foro Social Galego reunirase o 17 de abril (2009) para comezar a organizar o vindeiro FSGal, publicar as contas do anterior e abrir un novo período de incorporacións ao dito ente dinamizador. |
|
|
Relación dalguns artigos publicados sobre o desenvolvementos do Foro Social Galego. |
|
Mensaxes de saúdo de persoeiros do altermundismo que se leron na inauguración do Foro Social Galego. VER GALERÍA DE FOTOS DA INAUGURACIÓN |
|
|
Os movementos sociais comprométense a crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009. O proceso do FSGal continuará na Galiza cando menos cada dous anos, levará a nación galega ao discurso altermundista planetario e del sairán alianzas contra o capitalismo. |
|
|
Santiago Agra-. Moito temos escoitado falar sobre o tráfico e a trata de seres humanos no mundo de hoxe. Falamos de redes mafiosas, de emigración en condicións extremas e de barreiras de ferro nas portas da Europa da libre circulación de persoas. Pero sabemos realmente o que é o tráfico de persoas? E a trata? Nanina Santos, da revista feminista Andaina, tratou de resolver as dúbidas sobre un tema que precisa dun forte compromiso para combatelo. |
|
Foi unha das actividades máis emocionantes do foro. As mulleres ciganas teñen cousas que dicir, cousas que contar e cousas que nos enseñar, porque saber, non sabemos nada. |
|
|
Santiago Agra-. A memoria histórica é dos temas de actualidade na nosa sociedade. Moitos activistas no país loitan por coñecer que ocorreu realmente ao longo de todos os anos de represión franquista. Manolo Monge, sociólogo e membro da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica na Coruña, participou no FSGal para dar a coñecer o seu traballo. |
|
Duarte Romero-. O instalación e posta en funcionamento da planta regasificadora de Reganosa na ría de Ferrol foi un dos principais conflitos sociais que se deron en Galiza nos últimos anos. Durante a mañá do sábado, membros do Comité Cidadá de Emerxencia (CCE) da ría de Ferrol, achegáronse a este encontro do Foro Social Galego para expoñer a xestación deste proceso. |
|
|
Santiago Agra-. Galiza e a Lusofonía, unha relación que semella comezar a mellorar. Elías Torres, vicerreitor de Cultura da USC e presidente da Associação Internacional de Lusitanistas,interveu para amosar a súa visión sobre a actual relación entre o noso país e a comunidade de países de lingua portuguesa. |
|
|
Santiago Agra-. Profesor de Ciencias Políticas na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo amósase como unha das mentes máis lúcidas da esquerda actual. Nuns breves instantes após o plenario do sábado á tardiña aclarounos algúns dos seus posicionamentos sobre a esquerda e os foros sociais. |
|
|
Santiago Agra-. É posíbel seguir medrando? O crecemento sustentábel é unha alternativa ou unha falacia? Adela Figueroa, presidenta de ADEGA e Clara, da cooperativa de consumo responsábel Cova da Terra, buscan concienciar a xente dos límites que ten o noso planeta, evidenciados pola pegada ecolóxica do ser humano. |
|
|
|
|
Andrés Caamaño- Qué acontecería se todos recibisemos unha asignación anual polo mero feito de existir? Sería unha dádiva ou un recoñecemento dunha cidadanía da que, actualmente, só queda o voto como demostración práctica? Antoni Doménech, Daniel Reventós e Xosé Manuel Beiras abordaron no último debate do Foro Social Galego a cuestión da renda básica, unha ferramenta fiscal que, de ser aplicada, sería unha ferramenta capital para devolver á clase traballadora a unidade e a estabilidade psíquica e material perante as chantaxes patronais servidas en forma de “flexiseguridade”. |
|
Antoni Doménech, Daniel Raventós e Xosé Manuel Beiras destacaron o carácter de “recuperación de cidadanía social e tamén política desta medida”. |
|
|
Santiago Agra-. A ilusión e as ganas de traballar foron a nota dominante do todo o FSGal, se ben no plenario o cansazo comeza a deixar pegada Tras debater durante horas os problemas sectoriais xuntámonos no Auditorio de Galiza para falar entre todos. Ante unha sala repleta e un auditorio entregado Carlos Taibo, Xan Duro, Lupe Cês, Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras trazaron unha visión do presente e o futuro do movemento altermundialista galego. |
|
X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ver fotos de X. M. Albán |
|
Xavier Vence sinala que a “demostración do fracaso do modelo neoliberal non implica a derrota dos que o defenden”. |
|
|
Santiago Agra-. Galiza e a Lusofonía. Unha relación non exenta de conflitos que o Foro Social Galego non podía eludir. Camilo Nogueira, histórico dirixente nacionalista, a artista Uxía Senlle e Elías Torres, presidente da Asociación Internacional de Lusitanistas, achegaron diferentes perspectivas ás máis de sesenta persoas que acudiron ao evento. |
|
Eduardo Muñiz-. Con dúas partes ben diferenciadas, o debate Os medios de comunicación e a manipulación da memoria: Colombia como paradigma, derivou do xeral ao particular. O delegado de OSPAAAL, Xavier Ron, plantexou unha visión crítica das empresas informativas, que retomou, Carlos Portomeñe, para finalmente dirixilo á casuística concreta de Colombia. Nese punto chegou a quenda do refuxiado político Gilberto Torres, que ofreceu unha crúa e crítica visión do difícil momento que atravesa o seu país. |
|
As salas da Facultade de Filoloxía non son flexíbeis. Se o foran espandiríanse para acoller a marea de activistas que se interesaron polos debates do FSGal na mañá e na tarde do sábado, que en moitas ocasións, como no debate sobre a soberanía alimentar –organizado polo Sindicato Labrego Galego, A Marcha Mundial das Mulleres, a Fundación Galiza Sempre, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras– e no do neoliberalismo en crise, sostido por Xabier Macías, Xavier Vence e Mari Carme López Santamariña (Vidal Beneyto faltou por unha indisposición de última hora). Ver fotos |
|
|
Andrés Caamaño-. A fin da civilización do petróleo está a volta da esquina. Manuel Casal lodeiro, da asociación Vespera de nada relatou a defunción da época dos hidrocarburos e as alternativas posibles que se abren nun momento decrise. Martiño Fiz, da asociación ecoloxista Adega, Patricia Pena, representante da Universidade Rural do Eume, Antonio Palma de Permacultura Galiza e Manolo Rei, da Unión Libertaria debatiron cos presentes posíbeis solucións, que pasan por recuperar usos tradicionais, organizacións horizontais e, sobre todo, supera a colonización mental. |
|
|
Eduardo Muñiz-. A loita polos dereitos humanos, a redefinición do concepto de cidadanía nunha sociedade mundializada, e a relación destes dous termos cos gobernos e as institucións, tanto estatais como internacionais, foron os amplos eixos do debate Cidadanía, dereitos humanos e gobernanza planetaria, celebrado na mañá do sábado no Foro Social Galego. Moderados por Manuel Dios, participaron no mesmo Manuela Mesa, Luis Acebal, Roberto Mansilla, Margarita Ledo, Beatriz Fernández e o Arzil Bacal. |
|
|

Os colecitvos participantes do proceso do Foro Social Galego demostran o seu compromiso enchendo as salas da Facultade de Filoloxía a pesares das inclemencias atmosféricas. Fotografías dos debates do sábado 6 pola mañá Por X. M. ALBÁN e EDUARDO IRAGO |
|
|
A CIG e a Mesa defenden o galego como lingua oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial no FSGal. Denuncian o “falso vitimismo” de certos sectores sociais “antinormalizadores”. |
|
|
Lidia Senra: "Máis antes que despois aparecerá un novo escándalo alimentario". |
|
Duarte Romero-. A primeira edición do Foro Social Galego arrincou hoxe (venres día 5 de decembro) na cidade de Santiago de Compostela. Ás seis e media da tarde, unhas 150 persoas acudiron á sala Mozart do Auditorio de Galiza para participar na ceremonia inaugural. Diferentes representantes de movementos sociais galegos, membros do Consello Internacional do Foro Social Mundial e persoas adheridas individualmente ao FSGal, presentaron o que van os dous días de debate e participación. Asemade, aproveitaron para ler os saúdos enviados por senlleiros personaxes do movemento altermundialista como Eduardo Galeano, Chico Withaker, Boaventura de Sousa Santos, Susan George, Bernard Cassen ou Ignacio Ramonet. |
|
Andrés Caamaño-. O Foro Social Galego comezou coa esperanza posta no dálogo e na asociación horizontal de ideas e persoas. Fóra de protagonismos políticos, os saúdos dos persoeiros ausentes e as ganas de comezar a posta en común marcaron a xornada de presentación. |
|