Artigos relacionados co FSGal
Relación dalguns artigos publicados sobre o desenvolvementos do Foro Social Galego.
 
Saúdas recibidas para o primeiro FSGal
 Mensaxes de saúdo de persoeiros do altermundismo que se leron na inauguración do Foro Social Galego. VER GALERÍA DE FOTOS DA INAUGURACIÓN
 
FSGal: alianzas e mobilizacións para 2009

 Os movementos sociais comprométense a crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009. O proceso do FSGal continuará na Galiza cando menos cada dous anos, levará a nación galega ao discurso altermundista planetario e del sairán alianzas contra o capitalismo.

 
Un compromiso contra a trata de persoas

 Santiago Agra-. Moito temos escoitado falar sobre o tráfico e a trata de seres humanos no mundo de hoxe. Falamos de redes mafiosas, de emigración en condicións extremas e de barreiras de ferro nas portas da Europa da libre circulación de persoas. Pero sabemos realmente o que é o tráfico de persoas? E a trata? Nanina Santos, da revista feminista Andaina, tratou de resolver as dúbidas sobre un tema que precisa dun forte compromiso para combatelo.

 
Andei, andei… mulleres ciganas no FSGal
 Foi unha das actividades máis emocionantes do foro. As mulleres ciganas teñen cousas que dicir, cousas que contar e cousas que nos enseñar, porque saber, non sabemos nada.
 
Manuel Monge: "Só se pide xustiza e coñecer a verdade"

 Santiago Agra-. A memoria histórica é dos temas de actualidade na nosa sociedade. Moitos activistas no país loitan por coñecer que ocorreu realmente ao longo de todos os anos de represión franquista. Manolo Monge, sociólogo e membro da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica na Coruña, participou no FSGal para dar a coñecer o seu traballo.

 
"Reganosa non sería posíbel sen a complicidade institucional"
 Duarte Romero-. O instalación e posta en funcionamento da planta regasificadora de Reganosa na ría de Ferrol foi un dos principais conflitos sociais que se deron en Galiza nos últimos anos. Durante a mañá do sábado, membros do Comité Cidadá de Emerxencia (CCE) da ría de Ferrol, achegáronse a este encontro do Foro Social Galego para expoñer a xestación deste proceso.
 
Elías Torres: “O reintegracionismo permite achegarnos á Lusofonía”

 Santiago Agra-. Galiza e a Lusofonía, unha relación que semella comezar a mellorar. Elías Torres, vicerreitor de Cultura da USC e presidente da Associação Internacional de Lusitanistas,interveu para amosar a súa visión sobre a actual relación entre o noso país e a comunidade de países de lingua portuguesa.

 
Carlos Taibo: “É importante unir e que traballemos antes na base”

 Santiago Agra-. Profesor de Ciencias Políticas na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo amósase como unha das mentes máis lúcidas da esquerda actual. Nuns breves instantes após o plenario do sábado á tardiña aclarounos algúns dos seus posicionamentos sobre a esquerda e os foros sociais.

 
Adela Figueroa: "Hoxe calquera tipo de crecemento resulta insostible"

 Santiago Agra-. É posíbel seguir medrando? O crecemento sustentábel é unha alternativa ou unha falacia? Adela Figueroa, presidenta de ADEGA e Clara, da cooperativa de consumo responsábel Cova da Terra, buscan concienciar a xente dos límites que ten o noso planeta, evidenciados pola pegada ecolóxica do ser humano.

 
Novas Fotografías do Foro
 
Renda básica, igualdade e o dereito de non traballar

 Andrés Caamaño- Qué acontecería se todos recibisemos unha asignación anual polo mero feito de existir? Sería unha dádiva ou un recoñecemento dunha cidadanía da que, actualmente, só queda o voto como demostración práctica? Antoni Doménech, Daniel Reventós e Xosé Manuel Beiras abordaron no último debate do Foro Social Galego a cuestión da renda básica, unha ferramenta fiscal que, de ser aplicada, sería unha ferramenta capital para devolver á clase traballadora a unidade e a estabilidade psíquica e material perante as chantaxes patronais servidas en forma de “flexiseguridade”.

 
A renda básica no FSGal
 Antoni Doménech, Daniel Raventós e Xosé Manuel Beiras destacaron o carácter de “recuperación de cidadanía social e tamén política desta medida”.
 
Plenario do FSGal: Non sobra ninguén

 Santiago Agra-. A ilusión e as ganas de traballar foron a nota dominante do todo o FSGal, se ben no plenario o cansazo comeza a deixar pegada Tras debater durante horas os problemas sectoriais xuntámonos no Auditorio de Galiza para falar entre todos. Ante unha sala repleta e un auditorio entregado Carlos Taibo, Xan Duro, Lupe Cês, Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras trazaron unha visión do presente e o futuro do movemento altermundialista galego.

 
O capitalismo fracasou
 X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ver fotos de X. M. Albán
 
O neoliberalismo en crise
 Xavier Vence sinala que a “demostración do fracaso do modelo neoliberal non implica a derrota dos que o defenden”.
 
No Brasil falan galego

 Santiago Agra-. Galiza e a Lusofonía. Unha relación non exenta de conflitos que o Foro Social Galego non podía eludir. Camilo Nogueira, histórico dirixente nacionalista, a artista Uxía Senlle e Elías Torres, presidente da Asociación Internacional de Lusitanistas, achegaron diferentes perspectivas ás máis de sesenta persoas que acudiron ao evento.

 
Crítico retrato da realidade colombiana
 Eduardo Muñiz-. Con dúas partes ben diferenciadas, o debate Os medios de comunicación e a manipulación da memoria: Colombia como paradigma, derivou do xeral ao particular. O delegado de OSPAAAL, Xavier Ron, plantexou unha visión crítica das empresas informativas, que retomou, Carlos Portomeñe, para finalmente dirixilo á casuística concreta de Colombia. Nese punto chegou a quenda do refuxiado político Gilberto Torres, que ofreceu unha crúa e crítica visión do difícil momento que atravesa o seu país.
 
Cheo total contra o capitalismo
 As salas da Facultade de Filoloxía non son flexíbeis. Se o foran espandiríanse para acoller a marea de activistas que se interesaron polos debates do FSGal na mañá e na tarde do sábado, que en moitas ocasións, como no debate sobre a soberanía alimentar –organizado polo Sindicato Labrego Galego, A Marcha Mundial das Mulleres, a Fundación Galiza Sempre, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras– e no do neoliberalismo en crise, sostido por Xabier Macías, Xavier Vence e Mari Carme López Santamariña (Vidal Beneyto faltou por unha indisposición de última hora). Ver fotos
 
A crise do petroleo: comer hidrocarburos

 Andrés Caamaño-. A fin da civilización do petróleo está a volta da esquina. Manuel Casal lodeiro, da asociación Vespera de nada relatou a defunción da época dos hidrocarburos e as alternativas posibles que se abren nun momento decrise. Martiño Fiz, da asociación ecoloxista Adega, Patricia Pena, representante da Universidade Rural do Eume, Antonio Palma de Permacultura Galiza e Manolo Rei, da Unión Libertaria debatiron cos presentes posíbeis solucións, que pasan por recuperar usos tradicionais, organizacións horizontais e, sobre todo, supera a colonización mental.

 
Os dereitos dos cidadáns nunha nova orde mundial

 Eduardo Muñiz-. A loita polos dereitos humanos, a redefinición do concepto de cidadanía nunha sociedade mundializada, e a relación destes dous termos cos gobernos e as institucións, tanto estatais como internacionais, foron os amplos eixos do debate Cidadanía, dereitos humanos e gobernanza planetaria, celebrado na mañá do sábado no Foro Social Galego. Moderados por Manuel Dios, participaron no mesmo Manuela Mesa, Luis Acebal, Roberto Mansilla, Margarita Ledo, Beatriz Fernández e o Arzil Bacal.

 
Éxito nos primeiros debates do FSGal

Os colecitvos participantes do proceso do Foro Social Galego demostran o seu compromiso enchendo as salas da Facultade de Filoloxía a pesares das inclemencias atmosféricas.

Fotografías dos debates do sábado 6 pola mañá
Por X. M. ALBÁN e EDUARDO IRAGO

 
A CIG e a Mesa defenden o galego como lingua oficial

 A CIG e a Mesa defenden o galego como lingua oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial no FSGal. Denuncian o “falso vitimismo” de certos sectores sociais “antinormalizadores”.

 
Entrevista con Lidia Senra (SLG)

 Lidia Senra: "Máis antes que despois aparecerá un novo escándalo alimentario".

 
"Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza"
 Duarte Romero-. A primeira edición do Foro Social Galego arrincou hoxe (venres día 5 de decembro) na cidade de Santiago de Compostela. Ás seis e media da tarde, unhas 150 persoas acudiron á sala Mozart do Auditorio de Galiza para participar na ceremonia inaugural. Diferentes representantes de movementos sociais galegos, membros do Consello Internacional do Foro Social Mundial e persoas adheridas individualmente ao FSGal, presentaron o que van os dous días de debate e participación. Asemade, aproveitaron para ler os saúdos enviados por senlleiros personaxes do movemento altermundialista como Eduardo Galeano, Chico Withaker, Boaventura de Sousa Santos, Susan George, Bernard Cassen ou Ignacio Ramonet.
 
Acción e horizontalidade. O futuro é hoxe
 Andrés Caamaño-. O Foro Social Galego comezou coa esperanza posta no dálogo e na asociación horizontal de ideas e persoas. Fóra de protagonismos políticos, os saúdos dos persoeiros ausentes e as ganas de comezar a posta en común marcaron a xornada de presentación.
 
O Foro Social Galego inaugúrase con grande expectación
 Máis de 80 movementos sociais galegos e centos de persoas a título individual participarán durante o sábado e o domingo nunha enchente de actividades destinadas a demostrar que "outro mundo é posíbel" e baixo o berro común de "pensar e construír alternativas desde Galiza".
 
Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego
 Máis de 70 colectivos e 190 persoas a titulo individual xa fixeron a súa adhesión previa ao Foro Social Galego (FSGal), malia que os propios días da celebración tamén se poderán facer no espazo da organización, que estará situado no Auditorio de Galiza. O FSGal terá lugar no Campus Norte de Santiago de Compostela entre o 5 e 7 de decembro de 2008.
 
XA TEMOS FORO SOCIAL GALEGO
PLANO DE SITUACIÓN DO FSGAL
ESPAZOS DO FORO SOCIAL GALEGO
 
PROGRAMA DEFINITIVO DE ACTIVIDADES

 O FSGal 2008 contará con 12 actividades organizadas por 32 movementos sociais mais 2 plenarios. Asemade, existen espazos transversais de audiovisuais, comunicación (con máis de 10 horas de proxección continua de audiovisuais e até 14 presentacións de iniciativas, publicacións e campañas) e mais unha programación cultural paralela. A inauguración será o venres 5 de decembro, ás 18:30 horas, no AUDITORIO DE GALIZA (Sala Mozart).

O programa completo, incluindo espazos transversais, xa se pode baixar en PDF, formato tríptico (1 Mb). PREME AQUÍ MESMO
 
PROGRAMA DO ESPAZO DE COMUNICACIÓN
 O espazo transversal de comunicación contará coa presentación de até 15 campañas, manifestos e iniciativas dos movementos sociais galegos nas aulas 5 e 6 da Facultade de Filoloxía.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 31 de 38
Themes and Templates by dezinedepot